martes, 7 de xuño de 2016

Unha peli interesante...

Hoxe vai de cine. Onte, ó rematar de traballar e tomar algo por aí, no xornal batín cunha peli interesante próxima onde estou e con posibilidades de baixar por chegarme o tempo.

"El olivo". Atrae porque é un tema pouco usual nos cinemas: a ecoloxía. É tamén unha peli española, de Icíar Bollaín. Moi enraizada no interior de España, o rural valenciano, pegado á costa das grandes construcións que crebaron deseguido (diso tamén fala a peli, dos pelotazos, do diñeiro doado e do desexo de fuxir da dureza do traballo na natureza). Trata un tema case inédito no cinema (e iso é de agradecer): a merca de árbores centenarias, sobre todo os que están asociados a tradicións -o sagrado que é a oliveira- moi sensibles, para sacalos do seu entorno natural e poñelos de decoración en casas e empresas. Coma os hórreos por estes lares, que os sacan do seu entorno, onde teñen sentido porque explican a historia do lugar e da poboación, e os poñen de adorno en grandes áreas comerciais e empresas (estou pensando na Coruña no Continente de Lavedra e na Refinería de Meicende, por exemplo).

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Salta!

Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...