domingo, 29 de maio de 2016

Animais de compañía...

Este, en singular, é o título do penúltimo disco de Silvia Penide, que reeditou tamén, arriscándose, porque podes cansar ó persoal coas mesmas cancións e non compoñer novidades, pero triunfou e ademais sacou axiña un novo disco, o que ten no mercado e que está defendendo nas salas...

Pero non vou falar de Silvia, senón dos animais, das mascotas concretamente. Eu sei que non teño, aínda que é unha tentación por estar solteiro, porque non quero privar a un animal da súa liberdade e ademais non lle podería dedicar moito tempo. Son da convicción de que as persoas deben convivir, facer vida social, coas persoas, e hai moitas oportunidades, e os animais deben estar ceibos e ser salvaxes, non estar domesticados se non hai unha boa razón, deben estar na natureza cos da súa especie e coas demais especies animais... Ademais non me sobra precisamente o diñeiro...

Graciñas por atenderme. Un biquiño moi delicado para todos vós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Salta!

Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...