domingo, 22 de maio de 2016

Xornais de papel...

Xa é un vicio consultar tódolos días a prensa de papel, a pesar de que cada vez está máis asentado o hábito de mirar por internet as edicións dixitais. Os tres xornais coruñeses aínda ofrecen a versión completa en internet. Pero "El Correo Gallego" ofrece só unha parte ou, polo menos, só achega completamente as noticias do día. 

Eu teño o hábito de mirar en cafeterías e en hemerotecas os xornais, preferentemente os coruñeses, e merco se hai algo que me interesa conservar. Hai veces que sei pola internet de maneira directa ou indirecta (a través de redes sociai) de publicacións en prensa que me interesan tanto que merco o xornal. Tamén pasa ó revés: como adoita suceder que miro á primeira prensa no seu formato tradicional, interésanme noticias que logo espallo pola internet. 

Está tan enraizado o hábito de ler en papel en hostelería e en bibliotecas que xamais morrerá este xeito de espalla-las noticias, que é máis democrático cá versión dixital (non todos teñen ordenadores, móbiles e conexións á rede, sobre todo as franxas de idade maiores). Son complementarias ámbalas maneiras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Salta!

Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...