mércores, 4 de maio de 2016

Vicios confesables...

Teño o grande vicio de camiñar, xa desde sempre. Móvome camiñando pola cidade. Cando collo o bus, é por présas ou por ir a calquera dos límites municipais (Feáns ou As Xubias), por ter que ir ó hospital ou ó camposanto.

Ultimamente estoume desmadrando e atrevendo a ir andando ata outros municipios (xa contei por aquí que no principio do curso, setembro ou outubro, fun andando ata a vila de Arteixo. Tampouco é tanto mérito. Si, é moito, pero é ir todo recto, literalmente, desde a estrada que comeza desde O Ventorrillo, a Silva e o polígono da Agrela). O outro día fun ata Santa Cristina (Oleiros), moi recomendable desde o punto de vista turístico e de ocio nocturno (tamén diurno) (e ata se poden encontrar compañeiros de universidade que viven alí). Tamén é directo: baixar por Nelle ata Catro Camiños, tirar por Oza e ir pola Pasaxe todo recto ata a ponte que separa Coruña de Oleiros. Paradiña para caña e refrixerio e volta a andar e, mentres, ir deleitando a vista coas distintas paisaxes urbanas e costeiras e coas distintas xentes coas que te vas atopando polo camiño. Desconectas e estás en forma. Lista para enfrontarte ó traballo duro (pero estimulante intelectualmente).

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Salta!

Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...