domingo, 8 de maio de 2016

Comunicarse...

Teño que recoñecer que un dos meus praceres é escoitar xente, sobre todo nos formatos cultos e formais, pero tamén no ámbito coloquial. Unha das armas máis poderosas é a comunicación. Agora temos medios moi poderosos: a escrita a través dos xornais, dos libros e dos carteis, pero tamén temos o formato audiovisual a través da radio e da televisión nos seus formatos máis veteranos e agora tamén a internet a través do desenvolvemento das tecnoloxías da computación (os clásicos ordenadores).

Escoitar unha peza oratoria ben construída, con sentido e con estética, que consiga namorar e ir ó máis fondo da parte sensitiva do ser humana sempre é un pracer. No fondo sempre está dentro de nós o clásico "paga a pena escoitar a fulanito". É unha das técnicas máis antigas de namorar, ora nas relacións afectivas de noivos ora na intimidade da amizade máis profunda e leal ora nas relacións sociais obrigatorias e básicas que todos temos que manter na nosa vida, xa que non quedamos na casa todo o tempo. Mais para conseguir unha comunicación profunda e efectiva cos que nos rodean cómprennos momentos de soidade e reflexión, de tranquilidade profunda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Salta!

Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...