martes, 24 de maio de 2016

Máis de museos...

A verdade é que na Coru non nos podemos queixar por museos... e hainos variados, ademais. Agora mesmo estou pensando no de arte contemporánea da defunta empresa galega de electricidade Unión Fenosa, que tiña dentro de si un moi valioso museo eléctrico, que, se cadra, podía ter máis tirón cás obras contemporáneas. Desapareceu, desgrazadamente, e agora só hai o punto de exposición das tendencias artísticas de hoxe en día. O museo é amplo con galerías abertas. Hai dúas á esquerda desde o sala de entrada, unha na planta baixa e outra na planta de enriba e dúas na banda dereita, que , aínda que están unha encima da outra, non se nota tanto ó haber unha escaleira, que dá acceso tamén a unha zona de repouso con máquina de cafés (comercio xusto tamén) incluída.

Neste grande museo, que está na fin da Avenida de Arteixo (oficialmente aínda Arteijo, pero o Concello hao cambiar, xa que forma parte dos seus principios ideolóxicos irrenunciables), enfronte da zona da grande área comercial Marineda que inclúe o Ikea para Galicia (xa non hai que ir a Asturias ou Portugal), hai a exposición permanente dos fondos da empresa eléctrica que financia o Museo (agora a empresa catalana Gas Natural) e tamén exposicións pequenas e grandes de artistas españois e internacionais, que amosan de xeito temporal, aínda que hai tempo para ir ver e gozar xa que unha exposición soe estar tres ou catro meses.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Salta!

Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...