Estou sendo moi regular agora á hora de publicar. Iso é bo sinal.
Hoxe, cun sol esplendoroso, veño da Torre. Literalmente. Non veño só da península e do parque externo do Faro, senón que veño da mesma Torre. Descubrín no xornal que hoxe é gratuíta a visita. Como estaba próximo á zona, desde o Porto, fun andando subindo pola zona do Campo da Leña, Orillamar, San Amaro, Cárcere. Había pouca xente, turistas, por suposto. Estaban a piques de cerrar a terraza da parte superior. Recoñezo que me dá yu-yu. Os chanzos son pequeniños e os relanzos teñen unha moi boa estrutura admirable, con ventás de tódolos tamaños. Mesmo deixan moedas nos cristais dalgunha.
Ningún comentario:
Publicar un comentario