sábado, 19 de setembro de 2015

Xoel López...

Bos días. Preséntovos un dos meus artistas preferidos, coa súa canción actual máis fermosa poeticamente ("Tierra"). Coñecino cando era Deluxe, con I´ll see you in London, que coñecín a través dunha curta. Logo despois engaioloume con "Colillas en el suelo" e comprei máis discos del. A primeira etapa del é claramente "british", engaiolado por "The Beatles"

Tivo uns cantos anos frenéticos e despois decidiu escapar, fuxir, como describe neste vídeo, desde a praia de Riazor ó mencer ata Buenos Aires e enchouparse do estilo sudamericano e explorar todo o posíbel tódolos estilos musicais e vivir a súa profesión como unha vocación, por amor á arte, namorado dela, e non coma unha autoexplotación ou por motivos exclusivamente económicos. Os dous discos ("Atlántico" e "Paramales") que sacou co seu nome amosan toda a creatividade e a beleza deste músico. Non renuncia ó seu pasado porque se poden ver trazos da época de Deluxe e das bandas ás que pertenceu ("The Elephant Band", por exemplo) nesta última etapa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Salta!

Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...