luns, 21 de setembro de 2015

Museos científicos

Na miña cidade témo-la sorte de ter ata catro museos científicos: o primeiro, que se inaugurou no ano 1985, no palacete antigo do monte de Santa Margarida, onde antes estaba un muíño, é a Casa das Ciencias, que ía máis aló do museo puramente expositivo e permitía experimentar científicamente. A única pega é que tardan moito en cambiar expos. A outra grande atracción é o planetario, que ensina as estrelas das noites. Desde a miña terraza, en noites limpas, podo ver os debuxos das estrelas.

Despois viñeron a Casa do Home, que se centra no ser humano, e no Aquarium Finisterrae, que ensina con grandes tanques toda a riqueza do mar. Estes dous museos están na liña de costa do Paseo Marítimo que leva á Torre de Hércules.

Finalmente, conseguiuse que o Museo Nacional de Ciencia y Tecnología abrise unha sucursal aquí, tamén preto do Paseo Marítimo, no popular barrio do Labañou. Expóñense obxectos vellos das casas e das institucións que serviron para a mellora da vida cotiá da sociedade e expoñen mostras temporais: sobre a luz, os plásticos que hai nas nosas costas e a contaminación lumínica das nosas cidades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Salta!

Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...