Hoxe, domingo día 13 de setembro, once días despois de chegar ós corenta anos, abro este blogue.
Confeso que non sei qué escribir. Xa o veremos. Está sempre aí o medo á páxina en branco...
Preséntome: nacín preto da praza de María Pita (lugar da Casa do Concello), na cidade da Coruña. Ó ano viñémonos vivir á Agra do Orzán, na parte alta da cidade, nun dos outeiros da zona (en castelán "colina"). Por iso os coruñeses temos esa expresión tan propia de "baixar ó Centro" (o Centro é a zona do porto da cidade e da antiga cidade medieval). Os turistas, cando desembarcan, pasean por esta zona.
Saquei o título de Mestre na miña cidade, no antigo edificio dos anos vinte do século pasado da zona do Estadio de Riazor (que aínda se conserva e que é unha sala de exposicións e outros labores máis universitarios) e teño varios anos de Filoloxía na lingua na que escribo (estes estudos curseinos na capital de Galicia). Non cheguei a presentarme a oposicións de maxisterio, a vida foi indo por outros vieiros.
Un bico a tódolos que vos paredes a lerme. Carlos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario