martes, 6 de outubro de 2015

A miña Parroquia

Onte, por pura preguiza, non publiquei. A ausencia dunha entrada nun blogue diaria permite unha virtude: a reflexión sobre a falsa excusa de "non termos tempo" para o que temos que facer ou o que deberiamos facer por seres queridos ou seres do noso arredor pero para o que non buscamos tempo porque desexamos face-lo que nos pide o corpo e non o que nos obriga a un certo traballo. Os días sempre son moi longos.

Non intencionadamente, como este blogue é un espello da miña vida, e esta é variada, ata hoxe non fixen mención das miñas crenzas. A expresión destas ten que ser natural, é dicir, unha expresión de vida, como outras accións que se fan nela. Eu pertenzo á Igrexa Católica porque miña nai, desde nena e durante toda a súa vida, en distintas igrexas da Coruña, porque viviu en distintos barrios, sempre participou da vida da Igrexa e procurou que a súa familia participase tamén. De neno é unha vida inconsciente: vas á Igrexa como vas á praia ou á aldea, aínda que despois deixes de ir. Despois vaiche gustando cómo funciona a comunidade á que vas por hábito e desexas participar. Xa non é só por hábito. Participas de xeito distinto segundo as etapas da túa vida, pero estás aí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Salta!

Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...