mércores, 14 de outubro de 2015

"La vida es sueño"

Inauguramos hoxe unha nova sección, a do teatro, para facer máis variado e ameno este blogue, do que espero que sirva ós que pasan (pasades) por aquí.

Mañá tocará facer visita a un lugar nobre no que xa hai que non entro: o Teatro Colón, no que colaboran a Deputación da Coruña e Afundación de Abanca. Estes días á noitiña hai o certame de teatro afeccionado, e mañá tocará adaptación da obra clásica de Calderón La vida es sueño, no que Segismundo andará entre a lucidez e a tolemia, o engano e a claridade, no medio de moitas cousas. Tocará, pois, baixar ó centro e vestirse para ir ó teatro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Salta!

Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...