mércores, 21 de outubro de 2015

O tempo...

Onte non publiquei nada, e non foi por falta de tempo, precisamente. Tamén inflúe qué dicir... ás veces non tes nada que dicir... e vaise o tempo... Véñenme a cabeza as reflexións de Manolo Rivero, que fai moita fincapé nalgo que a min se me pasou desapercibido: o derroche do tempo.

Hai unha anécdota de Rivero que a min me impactou: cando nos piden tempo, poucas veces preguntamos para qué, é dicir, se nos van facer perde-lo tempo ou se vai ser un momento incómodo; porén, cando nos piden pola rúa cartos (acción que pasa de manera frecuente ultimamente) xa desconfiamos e nos poñemos en garda, indagamos para qué o quere... Cando somos concibidos, o tempo redúcese implacablemente... podemos pasar de pobres a ricos por moitas razóns: constancia, intelixencia, ganas, atractivo persoal, respecto e estima á xente, pero non podemos face-lo mesmo co tempo...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Salta!

Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...