Vai de libros, un repartido a partir de hoxe por La Voz de Galicia, escrito polo xefe de Opinión do xornal, Luís Pousa, peruleirense (zona que está ó carón de San Pedro de Visma).
Fala da miña cidade. Faltan barrios, pero, como tiñan que ser cincuenta artigos, a representación coruñesa é boa, fala da Coruña clásica (centro-xardíns) e dos barrios periféricos populares (la Sagrada). Fala con poesía e moita ironía, retranca dicimos en galego enxebre.
Sempre con moito humor e agarimo. Fai moitas viaxes á nenez, na liña dos que fueron a la E.G.B. Amosa xa a idade que ten, pero tamén tódalas historias e tódolos personaxes que aparecen son froito da experiencia laboral xornalística: o xornalismo é máis ca un traballo, é unha vocación, un sacerdocio ó que lle dá-la vida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario